Friday 03 de May de 2024

Medio Ambiente e o concello de Curtis estudan vías de colaboración para a posta en valor dos espazos naturais do municipio


A directora xeral de Patrimonio Natural, Ana María Díaz, mantivo un encontro do alcalde da localidade, Javier Caínzo, na que abordaron as necesidades do concello en materia de protección medio ambiental

A directora xeral de Patrimonio Natural, Ana María Díaz, mantivo esta mañá un encontro co alcalde da Cuntis, Javier Caínzo, no que expuxeron as posibles vías de colaboración para a posta en valor dos espazos naturais, protexidos pola Rede Natura 2000, deste municipio.

Ambos coincidiron na importancia da preservación deste espazos, pois gozan dun potente atractivo turístico para xerar suficientes sinerxías entre os diferentes puntos de referencia do patrimonio natural galego e redirixir o interese dos visitantes ata cubrir case a totalidade do territorio.

Na mesma liña, a directora xeral de Patrimonio Natural explicou ao alcalde que a aposta pola conservación dos espazos naturais é unha ferramenta para o crecemento económico inclusivo e sostible; o uso eficiente dos recursos, protección ambiental e cambio climático; e valores culturais, diversidade e patrimonio.

Por outra banda, o rexedor local aproveitou este encontro para manifestar a súa preocupación polas repercusións do lobo sobre a gandaría. Javier Caínzo insistiu na necesidade de artellar medidas que compatibilicen a protección da especie con esta actividade. Neste senso, Ana María Díaz lembrou ao alcalde que a Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio actualizará ao longo de 2017 o Plan de Xestión do Lobo para introducir melloras que permitan adaptalo á realidade actual desta especie. En concreto, revisarase o relativo á zonificación do seu ámbito de aplicación e ás medidas de xestión, así como os baremos actuais co fin de establecer axudas para os gandeiros máis xustas e no menor posible.